Axenda

Información do evento:

  • Xov
    19
    Nov
    2026

    CTF Industria conectada - Fase 1 preparación

    EEI - Sede Campus

    Pon a proba as túas habilidades en ciberseguridade industrial
      
    Serías capaz de detectar vulnerabilidades e superar os retos de seguridade dunha instalación industrial?
     
    O próximo 19 de novembro, de 13:00 a 15:00 horas, o vestíbulo da Escola de Enxeñaría Industrial acollerá un Hackathon en ciberseguridade, unha actividade na que o alumnado poderá achegarse aos desafíos da protección de sistemas e infraestruturas industriais a través dunha competición práctica por equipos.
     

     
    A iniciativa, organizada por AMTEGA, está dirixida especialmente ao alumnado de Enxeñaría Industrial e de Telecomunicación e permitirá coñecer de primeira man algunhas das tecnoloxías empregadas habitualmente nas contornas industriais.
     
    A diferenza dunha competición convencional, esta experiencia combina un contorno de simulación CyberRange con tecnoloxías industriais reais, como controladores programables (PLC), interfaces de control (HMI), devasas industriais e redes de comunicación.
     
    Como se desenvolverá a competición?
     
    Os participantes, organizados en equipos de 3 ou 4 estudantes, deberán superar unha serie de retos progresivos relacionados coa identificación de dispositivos e servizos, o acceso a sistemas e a seguridade das redes industriais.
     
    A actividade contará cun máximo de 10 equipos e terá unha duración aproximada de dúas horas.
     
    O hackathon ofrecerá unha oportunidade para poñer en práctica coñecementos, desenvolver habilidades de traballo en equipo e descubrir os retos da ciberseguridade industrial, un ámbito fundamental para a protección dos procesos produtivos e dos servizos esenciais.

     

    Inscricións

     

    Se che interesa a ciberseguridade e queres poñer a proba os teus coñecementos nun contorno industrial, anímate a participar nesta experiencia!

     

    👉 Reserva a túa praza.

     

    📝 O prazo de inscrición estará aberto ata o 18 de novembro de 2026.
     

    Datos de interese

     

    📅 Xoves, 19 de novembro de 2026.
     
    🕐 De 13:00 a 15:00 horas.
     
    📍 Vestíbulo da Escola de Enxeñaría Industrial.
     
    📝 Recomendacións
     
    Traer un portátil cos seguintes requisitos:
     
    👉 Memoria RAM. 8 GB como mínimo.
     
    👉 Procesador: polo menos 4 núcleos.
     
    👉 Almacenamento: 50 GB de espazo libre.
     
    Máis información
     
    Para coñecer mellor a dinámica da competición e as tecnoloxías que forman parte desta experiencia, podes consultar os seguintes documentos:
     
    📄 Presentación do Hackathon en ciberseguridade.
    Información sobre o formato da competición, os retos e os escenarios industriais.
     
    📄 Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial.
    Infografía das instalacións, tecnoloxías e posibilidades de formación e experimentación impulsadas por AMTEGA.
     
    📄 Díptico.
    Información de interese e recomendacións.