Escola de Enxeñería Industrial

Slide 1

UNA OPCIÓN SEGURA…

¡¡INFÓRMATE!!

Slide 1
previous arrow
next arrow

NOTICIAS

10 Xuñ 2026
Convocatoria prazas intercambio no marco do GE4 curso 2026/27 – 2º prazo Posted in: Internacional63 -
Prazo de solicitudes ata o 30 xuño de 2026 +
28 Mai 2026
Premios COITIVIGO aos Mellores Traballos Fin de Grao da EEI Posted in: A escola60, Uncategorized @gl1 -
Demostra o teu talento e dálle visibilidade ao teu TFG. +
22 Mai 2026
Programa de estadías “alén do Miño” 2025-26 Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 18 de xuño. +
22 Mai 2026
Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Fabricación Aditiva Posted in: Estudos61 -
Solicitudes ata o 19 de xuño. +
12 Mai 2026
Erasmus prácticas 2026-27 Posted in: Internacional63 -
Solicitudes ata o 30 de novembro de 2026 +
25 Mar 2026
Galardóns certames conmemorativos da EEI Posted in: A escola60, Xeral81 -
Deseños seleccionados +
11 Mar 2026
Modalidade de avaliación global 2025/26 – 2º cuadrimestre Posted in: Estudos61 -
Publicación da resolución +
04 Mar 2026
Acto celebración patrón EEI 2026 Posted in: A escola60 -
Mércores 18 de marzo ás 12:00 horas +

AXENDA

Xov
18
Xuñ
2026
10:00EEI - Sede Campus

Un encontro para coñecer experiencias inspiradoras e novas oportunidades na carreira investigadora.

 
 

A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) e CINTECX organizan o vindeiro 18 de xuño a xornada "Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría", unha actividade enmarcada no Programa Mentoring de CINTECX e na conmemoración do Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23 de xuño).

 

O encontro está dirixido ao persoal investigador predoutoral, persoas doutoradas recentemente, así como ao alumnado de TFG e TFM interesado en coñecer mellor os retos e oportunidades da carreira investigadora.

 

Ao longo da xornada abordaranse cuestións de especial relevancia para o desenvolvemento profesional do persoal investigador, entre elas:

 

  • 📢 A importancia da divulgación científica na carreira investigadora.
  • 🛠️ Ferramentas e boas prácticas para comunicar a investigación á sociedade.
  • 🌍 Experiencias de divulgación científica e participación en proxectos europeos.

 

Ademais, celebrarase a mesa redonda "Divulgación científica e perspectiva de xénero en enxeñaría", na que investigadoras e profesionais de distintos ámbitos compartirán experiencias e reflexións sobre os desafíos e oportunidades para avanzar cara a unha maior visibilidade e participación das mulleres na enxeñaría.

 

No marco desta celebración presentarase tamén a I Edición dos Premios CINTECX–Beatrice Hicks, unha iniciativa destinada a poñer en valor referentes femininos que contribuíron a abrir camiño ás mulleres no ámbito tecnolóxico e industrial.

 

📍 Lugar: EEI – Sede Campus (Vigo) (pendente de confirmación)

🕙 Horario: 10:00 – 12:00 horas

🎟️ Acceso libre. Prazas limitadas ata completar aforo.

 
📝 As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 15 de xuño a través do formulario habilitado.

Lun
08
Xuñ
2026

Talento preparado para transformar o mundo.
 
 
 

📅 Luns, 8 de xuño de 2026
📍 Auditorio Mar de Vigo

 
A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro 8 de xuño o acto de graduación do alumnado que remata os seus estudos este curso académico.

 
Será unha xornada moi especial para celebrar co equipo directivo, o profesorado e as familias o esforzo, o compromiso e todos os momentos compartidos ao longo desta etapa universitaria.

 

Un acto cheo de emoción co que despedir unha etapa inesquecible e dar a benvida a novos retos e oportunidades.

 

Esperamos contar coa túa presenza e compartir contigo este día tan significativo.

 

Programa previsto:
 

  • 🕓 16:00 horas. Fotografías no exterior do auditorio (familias, grupos...)
  • 🕓 16:30 horas. Entrada dos estudantado.
  • 🕓 17:30 horas. Entrada de familiares.
  • 🕓 17:45 horas. Recepción de autoridades.
  • 🎓 18:00 horas. Comezo do acto.
  • 🏁 20:00 horas. Finalización do acto.

 
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Mér
20
Mai
2026
09:50

Claves e tendencias

   

📅 Mércores, 20 de maio de 2026.
📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus da Universidade de Vigo.
🎟️ Asistencia gratuíta.
📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa particiar no xantar.
 

A Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.

 

Organizado polo Grupo en Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo, o seminario combina visión estratéxica e casos prácticos da man de profesionais de prestixio.

 

A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

 

O programa deste ano será o seguinte:

 

  • 9:50 horas - Inauguración a cargo de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e de D. José Carlos Prado, Director do Seminario.
  •  

  • 10:00 horas - De prototipos a produción: consolidación dun produto aeronáutico.
    • Héctor Estévez Pomar, Director xeral e socio en Centum Research & Technology.
    • David Casasnovas Fernández, Director de operacións e socio en Centum Research & Technology.
  •  

  • 11:00 horas - Retos e expectativas na distribución urbana de mercadorías
    • José Carlos Espeso Illera, Xerente de mobilidade e Distribución Urbana en AECOC.
    • Mesa redonda con Sarai Rodrigo (Responsable de loxística e transportes en GADISA), Pedro Conde (Responsable de loxística de Distribución en HIJOS DE RIVERA S.A.U) e Transportista (pendente de confirmación).
  •  

  • 12:00 horas - Pausa café.
  •  

  • 12:30 horas - Estruturación e mellora de procesos en contornos de crecemento: casos prácticos nunha empresa do sector da construción.
    • Ignacio González Montes, Adxunto á Xerencia en Plaintec Obras y Servicios.
  •  

  • 13:30 horas - Cando as persoas moven a loxística: o poder dos equipos de mellora en Congalsa.
    • Diego Álvarez Pérez, Director de planificación e loxística en Congalsa.
    • Antía Moledo Gugliotta, Xefa de loxística en Congalsa.
  •  

  • 14:30 horas. Xantar opcional en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe pendente de confirmar.

 
💡 Por que asistir?
 

  • Coñece as últimas tendencias en loxística.
  • Escoita experiencias reais do sector.
  • Conecta con profesionais e empresas.

 

Agardámoste en Vigo!

Xov
30
Abr
2026
12:30EEI - Sede Campus

Cando a enxeñería se converte en imaxe!
 
 

Tras a celebración da entrega de premios do IV Concurso de Fotografía "Enxeñaría Industrial na Sociedade", convocado pola Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia (AIIG) e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o vindeiro xoves 30 de abril, a partir das 12:30 horas, terá lugar no vestíbulo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus, a inauguración da exposición das fotografías finalistas e gañadoras.

 
A exposición podrá visitarse ata o 15 de maio.

 

Este certame pretende pór en valor a conexión entre enxeñaría, sociedade e creatividade e busca achegar a enxeñaría industrial á cidadanía, amosando o seu impacto en ámbitos como a enerxía, a industria, a innovación e a sustentabilidade.

 

Engloba todas aquelas imaxes que representan a enxeñaría industrial, a súa estética, o seu espírito e a súa importancia na nosa sociedade.

 

Animámosvos a acompañarnos nesta presentación e a visitar a exposición para descubrir, a través de cada imaxe, unha nova forma de entender a enxeñaría industrial.

Xov
23
Abr
2026
17:00Paraninfo - EEI - Sede Cidade

Queres participar nun proxecto real de intelixencia artificial este verán?
 
 

O vindeiro xoves 23 de abril, a partir das 17:00 horas, terá lugar no Paraninfo da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Cidade, a presentación das Bolsas de Verán 2026 de Anfaia.
 

Este programa está dirixido a estudantes universitarios e de Formación Profesional con interese na intelixencia artificial, a programación e o desenvolvemento de proxectos open source, e ten como obxectivo impulsar iniciativas innovadoras que integren a IA en diferentes ámbitos da sociedade, cun enfoque ético e responsable.

 

Durante a sesión explicarase o funcionamento do programa, os tipos de proxectos que se desenvolven e o modelo de mentoría ao longo do verán. Ademais, haberá un espazo para resolver dúbidas sobre o proceso de solicitude.

 

Se che interesa a intelixencia artificial, non deixes pasar esta oportunidade e inscríbete no seguinte formulario para asistir á presentación!

 

Ven
17
Abr
2026
10:45

Celebra con nós o próximo RobotFriday!
 
 

 
 
O vindeiro venres 17 de abril terá lugar a 9ª edición da Competición de Robots da EEI na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus, a partir das 10:45 horas.

 

Queremos que sexa unha xornada na que poidamos gozar coa presenza de estudantes e profesorado dos distintos centros educativos da nosa comunidade, unha xornada de convivencia chea de sorpresas, premios e sorteos entre os equipos inscritos, na que poder compartir experiencias con outras persoas coa mesma paixón pola robótica.

 

Unha oportunidade para pór a proba todo o voso talento e creatividade, aprender e mellorar as vosas habilidades en robótica dunha maneira divertida, vivindo unha experiencia inesquecible.

 

Esperámosvos o 17 de abril no RobotFriday da EEI!

 

Podes consultar máis información na seguinte ligazón.