Información do evento:
-
Mér18Nov202617:00Paraninfo EEI - Sede Cidade
Xornada das profesións 2026
Descubre ata onde pode levarte a enxeñaría
Que hai despois da universidade? Que saídas profesionais ofrece a enxeñaría?
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, xunto co Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, organiza unha nova edición da Xornada das Profesións, dirixida ao alumnado dos últimos cursos e ás persoas recentemente tituladas que queiran coñecer de primeira man as oportunidades que se abren ao finalizar os seus estudos.
Profesionais de diferentes ámbitos compartirán as súas experiencias, achegando unha visión práctica dos distintos camiños profesionais que abre a enxeñaría. A xornada será tamén unha oportunidade para formular preguntas, resolver dúbidas e compartir inquedanzas cos relatores e relatoras.
Ademais, a xornada contará cun coffee break, un momento para continuar as conversas e establecer contactos nun ambiente máis distendido.
Información da xornada:
📅 Mércores 18 de novembro de 2026
🕔 17:00 h
📍 Paraninfo da EEI – Sede CidadePrograma
O programa completo publicarase proximamente.
Hai 180 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. Podes inscribirte ata o 15 de novembro a través do seguinte formulario:
👉 INSCRICIÓN




