Información do evento:
-
Ven27Nov202609:00Sede Campus
27º Congreso de Traballos Colaborativos
Un encontro para compartir coñecementos, impulsar a innovación e fomentar o traballo colaborativo entre estudantes.
A Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo acollerá o vindeiro 27 de novembro unha nova edición do Congreso de Traballos Colaborativos (27 CTC), un encontro que reunirá estudantes de diferentes titulacións e facultades para compartir os resultados dos seus proxectos e poñer en común ideas, coñecementos e experiencias.
Esta iniciativa, impulsada no marco do Grupo de Innovación Educativa RED I+S, aposta pola aprendizaxe interdisciplinaria e o traballo en equipo como ferramentas fundamentais para afrontar retos reais. A través das súas propostas, o alumnado poderá amosar a súa capacidade de innovación, creatividade e colaboración, así como aplicar os coñecementos adquiridos durante a súa formación.
Baixo o lema «Sumando mentes, construíndo o futuro», o congreso celebrarase no salón de actos da sede do Campus, en horario de 9:00 a 14:o0 horas.
A xornada poderá seguirse tamén en directo a través de UVigoTV.
Información de interese
Data: venres, 27 de novembro de 2026.
Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
Lugar:Salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial (Sede Campus).




